|
||||||||||||||||||||||
| Español | Galego | English |
|
|||||||||||||||||||||
|
Programación
La orquesta
Descargas
Auditorio de Galicia Avda. Burgo das Nacións, s/n 15705 Santiago de Compostela ![]()
|
Noticias
domingo, 05 de septiembre de 2010
A RFG estrea But in vain...
But in vain? é unha novidade do compositor galego Eduardo Soutullo, feita por encargo da Fundación Autor e a Asociación Española de Orquestas Sinfónicas, a proposta da Real Filharmonía.
But in vain… é unha novidade do compositor galego Eduardo Soutullo, feita por encargo da Fundación Autor e a Asociación Española de Orquestas Sinfónicas, a proposta da Real Filharmonía. But in vain... é a segunda obra dun tríptico de obras orquestrais inspiradas en tres versos do poema Even Song de Oliver Wendell Holmes (1809-1894) que di así: All the echoes listen, but in vain... They hear no answering strain But in vain... desenvólvese nun único movemento e foi composta para a plantilla ao completo da Real Filharmonía de Galicia. A primeira obra do tríptico, All the echoes listen, obtivo o primeiro premio no Concurso Internacional de Composición Ciutat de Tarragona 2005, o único certame español membro da Federación Mundial de Concursos Internacionais de Música. Pouco a pouco Soutullo figura xa no panorama musical de primeiro orde en Galicia. En 2006 acadou o primeiro premio “Luis Morondo” de Composición, convocado pola Coral de Cámara de Pamplona, coa obra In terra incógnita. Tamén estreou obras coa Orquesta Sinfónica de Barcelona e a Orchestre National de Lorraine (Francia). Eduardo Soutullo naceu por azar en Bilbao en 1968, pero pronto trasladouse á terra da súa familia, en Vigo. Estudou composición con David del Puerto, Premio Nacional de Música no 2000 e acadou o diploma de estudos avanzados na Universidade Complutense de Madrid. Foi profesor superior no Conservatorio de Santiago e desde hai uns anos reside en Madrid. |
|||||||||||||||||||||