Fecha: 09-06-2022

MERCAR ENTRADA

Xornadas de Música Contemporánea: Homenaxe a Carlos García-Picos

Maximino Zumalave, director
Javier Ares Espiño, piano
Alex Salgueiro, fagot

Darius Milhaud (1892-1974): O boi sobre o tellado, op. 58 (1920)
Carlos López García-Picos: Concerto para piano-fagot, cordas e percusión, A. 106 (2001) (Estrea absoluta)
Carlos López García-Picos: Sindy, A. 31 (1976)

A Real Filharmonía de Galicia conmemora o centenario do nacemento deste compositor galego quen desenvolveu gran parte da súa actividade en Bos Aires, onde contactou coa intelectualidade galega. En Francia, estudou na Schola Cantorum e no Conservatorio Nacional de París. Foi o principal impulsor, socio e membro de honra da Asociación de Compositores de Galicia e mantivo na capital arxentina un compromiso constante coa comunidade galega.

Consulta o programa das Xornadas de Música Contemporánea.