Mini Mozart

Mini Mozart é un espectáculo para todas as idades, con linguaxe simple e humor inocente.

É unha aventura nos nosos días cos ollos e oídos doutros momentos, onde Mozart e a súa irmá Mariana saen da partitura e viven a música cun entusiasmo contaxioso. Orquestra, director e público son os elementos perfectos para esta festa, na que se desvelarán moitos segredos!

Idades recomendadas: de 6 a 9 anos.

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Jan Wierzba, director

Adriana Winkler, concertino

Sofia Nereida e António Miguel Teixeira - Serviço Educativo da Casa da Música (Porto), idea e interpretación
Vídeo (pequeno extracto)
RFG_GDidáctica_MiniMozart (1º e 2º Ciclo de Primaria): Serviço Educativo da Casa da Música de Porto

OUTROS RECURSOS

Pangea

Da man do noso benquerido Abraham Cupeiro, propoñémos unha viaxe sonora que percorre os cinco continentes, para descobrir a extraordinaria diversidade cultural a través da música.

O grande Beethoven

O Grande Beethoven conta a historia do xenial compositor Ludwing van Beethoven, un auténtico revolucionario da historia da música, que nacía hai 250 anos na cidade alemá de Bönn

Soño de inverno

Presentamos unha guía didáctica para a Sinfonía núm.1, coñecida como “Soño de inverno”, do compositor ruso Piotr Ilich Chaikovski.