Proxecto Sensoxenoma22

Sensoxenoma22 é un proxecto desenvolvido polo IDIS (Instituto de Investigación Sanitaria) e a Real Filharmonía de Galicia, no que se abordará cientificamente a resposta do noso xenoma (ADN) perante do estímulo musical.

Isto farase cunha recollida de mostras biolóxicas a doantes voluntarios que permitirá estudar como se expresan os xenes antes e despois de escoitar o programa sorpresa que ofrecerá a orquestra.

Recolleremos mostras de 400 asistentes ao concerto que deberán ter asinado previamente un consentimento informado. Para máis información: Sesión Informativa do 19 de setembro as 20 h no Auditorio de Galicia.

+ info: consulta@sensogenomics.com

Baldur Brönnimann, director

Programa sorpresa