Yulia Petrushevskaja

Violín

Nace en Kishinev, Moldavia, e estuda en Escola media especial musical da súa cidade natal (actualmente Liceo-internato Republicano de música Ciprian Porumbescu) e no Conservatorio Superior Estatal M.I. Glinka de Nizhny Nóvgorod (graduada con honores). Foi becaria do Ministerio de Cultura de Rusia e Laureada no Noveno Concurso Nacional de Violín dese país. Logo segue coa súa formación na Academia de Música R. Schumann en Dusseldorf, Alemaña, onde obtivo o Diplom der künstlerischen Abschlussprüfung coas máis altas cualificacións, e o Diploma de solista. Como solista actuou coas orquestras Filharmónica de Nizhny Nóvgorod e de Vorónezh, a de Cámara municipal de Nizhny Nóvgorod, a Deutsche Kammerakademie Neuss am Rhein e a Real Filharmonía de Galicia. Foi membro de Deutsche Kammerakademie Neuss dirixida por Johannes Goritzky, desde 2011 forma parte do Trio Cassadó e, desde 1999, é membro da RFG.