Xavier Ramón

Trompa

Nace en Manises,Valencia. Estudou no Conservatorio Superior de Música de Valencia Joaquín Rodrigo, co profesor Joan Josep Llimer, obtendo o Premio de Honor na especialidade de trompa e música de cámara. Asistiu a cursos de perfecionamento con, entre outros, Erik Kushner, Richard Watchins, Derek Taylor, Ab Koster ou con Rodolfo Epelde, sendo este último o seu profesor durante dous anos. Foi membro da Nova Orquestra Nacional de España e da European Union Youth Orquestra e tamén colaborou coas orquestras: Conservatorio de Copenhage, Nacional de Irlanda, Escola Superior Raíña Sofía, Sinfónica de Galicia, Cidade de Granada, Sinfónica Cidade de Oviedo e Sinfónica de Valencia. É trompa co-principal da Real Filharmonía de Galicia desde xaneiro de 2000.