Timur Sadykov

Viola

Naceu en Kazan, Rusia, e con só 6 anos empezou a súa formación musical que terminou a vos 24 no Conservatorio Estatal da súa cidade natal coas máis altas cualificacións. Foi viola principal na Orquestra Sinfónica Estudiantil durante tres anos baixo a dirección de F. Mansurov, formou parte da Orquestra de Cámara A Primavera e foi co-principal da Orquestra Filharmónica, ambas en Kazan; foi membro da Gustav Mahler Jugend Orchester, baixo a dirección de Claudio Abbado, R. Chailly, Sir N. Mariner. Anos despois entrou na Orquestra de Moscú como co- principal na sección de primeiros violíns baixo a dirección de R. Freisitzer; traballou na Orquestra Sinfónica Estatal baixo a dirección de E. Svetlanov e colaborou na Orquestra Sinfónica de Radio Estatal Rusa na sección de violíns baixo a dirección de V. Fedoseev. Desde marzo de 1999 é viola da Real Filharmónica de Galicia, Santiago de Compostela. Colaborou en varias ocasións coa orquestra RTVE de Madrid, Orquestra Sinfónica de Galicia de ACoruña e na Orquesta Sinfónica Castilla e León. Participou no festival Via Stelae en 2009 e 2010. Nos últimos anos participou en proxectos de música de cámara organizados polo Auditorio de Galicia e a Universidade de Santiago ofrecendo concertos en distintas cidades galegas. Traballou como docente impartindo varias masterclass en distintas escolas de música.