Tilmann Kircher

Viola

 Naceu en Dortmund. Recibiu a súa primeira clase de violín aos cinco anos co mestre D. Stanzeleit, concertino da Orquestra Filharmónica de Dortmund. Estudou viola na Escola Superior Robert-Schumann-Hochschule de Düsseldorf co mestre J. Kussmaul. Foi gañador do concurso nacional alemán Jugend Musiziert e do estadounidense da World Youth Symphony Orchestra como solista. Foi viola coprincipal na Orquestra do Estado de Fráncfort na tempada 1995/1996 e logo viola principal na Orquestra Filharmónica de Copenhague ata 1997. De 1997 ata 1999 ocupou o posto de solista de viola na Staatskapelle de Weimar. Desde xullo de 1999 é viola principal da Real Filharmonía de Galicia.