Thomas Piel

Violonchelo

Nace en Colonia (Alemaña). Comeza os seus estudos musicais no conservatorio da súa cidade natal e continúa a súa formación na Folkwang-Musikhochschule de Essen con Christoph Richter, onde obtivo a súa diplomatura con honras en 2000. Posteriormente realiza un curso de postgrao con Ksenija Jankovich e asiste a clases maxistrais con M. Carneiro, E. Chiffoleau, S. Palm, T. Demenga e, no Folkwang-Festival, con M. Rostropovich. Colaborou coa Junge Deutsche Philharmonie e o Ensemble Resonanz. En 1998 foi cofundador do ensemble "eMeX", especializado en música contemporánea. Foi primeiro violoncello solista da Westphaelische Kammerphilharmonie Gutersloh entre 1997 e 2001, e participou na academia orquestral do Bayrischer Rundfunk baixo a dirección de M. Rostropovich. O seu interese polos grandes violoncellistas do pasado levouno a ofrecer recitais e conferencias sobre Gaspar Cassadó, Pau Casals, Enrico Mainardi e Paul Tortelier. Na actualidade ensina violoncello na Escola de Música Berenguela en Santiago de Compostela.