Ramón Llátser

Trompeta

Natural de Traiguera (Castellón), é trompeta coprincipal da Real Filharmonía de Galicia desde 2001 e ten colaborado con distintas formacións como a Orquesta Sinfónica de Madrid, Orquesta Ciudad de Granada, Orquesta Sinfónica del Principado de Asturias, Orquesta del Gran Teatre del Liceu e a Orquesta Sinfónica de Castilla y León; ademais de desenvolver un importante labor camerístico co Taller Atlántico Contemporáneo, Barcelona Brass Ensemble e Galicia Brass.

 

Formouse musicalmente na Escola de Música de Vinaròs, sendo membro na súa xuventude da Societat Musical l’Aliança  e da Unió Musical de Traiguera. En 2001 obtivo o Título Superior de Trompeta no Conservatorio Superior de Música de Valencia coas máis altas cualificacións, así como o premio de Honra Final de Carreira. Continuou os estudos de música na Musikhögskolan i Malmö, dependente da Universidade de Lunds (Suecia) con Hakan Hardenberger e Bo Nilsson; ademais de asistir a clases e cursos de perfeccionamento con trompetistas como Pierre Thibaud, Leopoldo Vidal, Luis González, Michael Sachs, Tom Stevens, Javier Simó ou Max Sommerhalder, entre outros. En 2014 obtén o Título de Máster en Servizos Culturais na Universidade de Santiago de Compostela.

 

Nos anos 1999 e 2000 gañou o Primeiro Premio no II e III Concurso Nacional de Jóvenes Intérpretes “Vila d’Albuixech” (Valencia) e en 2004 conseguiu o terceiro premio no Concurso Internacional “Yamaha”, celebrado en Madrid.