Plamen Velev

Violonchelo

Nace en Bulgaria, inicia os seus estudos na Escola da Nova Orquestra Nacional, continuando no Conservatorio Superior de Sofía, baixo a titoría de S. Manolov e Z. Yordanov. Durante 3 anos consecutivos obtivo varios premios no Concurso Nacional de Novos Intérpretes, no Concurso de Música Nacional e no Encontro Nacional de Mozos Violonchelistas, no seu país. Foi distinguido coa Medalla de Ouro do Ministerio de Educación Búlgaro e bolseiro para os posgraos de Interpretación e de Música de Cámara e perfeccionou os seus estudos con Laszlo Mezzö , Yanos Starker e Lluis Claret .

Formou parte de diferentes orquestras e agrupacións camerísticas en diferentes países de Europa, actuou como solista baixo a batuta de importantes directores como H. Rilling , M. Zumalave ou P. Daniel e traballou coa Orquestra Académica de Sofía ou a Camerata Quiodi.

Foi profesor dos cursos de verán da Palma, da Internacionale Bachakademie, da Nova Orquestra de Cataluña e impulsor do primeiro e segundo Encontro de Mozos Violochelistas de Galicia, en Compostela. É director e fundador da formación Camerata Quiodi e autor e partícipe de varios programas didácticos desenvolvidos en Galicia. Toca cun violoncelo de J. Gabrieli de 1751. Desde 1996 ocupa o posto de violoncelo principal da RFG e é profesor titular da EAEM.