Paul Daniel

Director titular

É o director titular e artístico da RFG dende 2013 e tamén se encarga da dirección musical da Orquestra Nacional de Burdeos. Entre 2009 e 2013 foi o principal director e conselleiro artístico da West Australian Symphony Orchestra de Perth e foi director musical da English National Opera e da Ópera de North, ademais de principal director da Ópera Factory. Foi director invitado das máis destacadas orquestras e compañías de ópera por todo o mundo. Dirixiu no Royal Opera House Convent Garden, na Monnaie en Bruxelas, na Ópea Estatal de Baviera en Múnic ou no Metropolitan Opera de Nova York.

 

Recentes e futuros compromisos operísticos inclúen Lucrecia Borgia e As vodas de Fígaro coa English National Opera, Gloriana no Covent Garden, Lulu na Monnaie, un dobre cartel con L’Enfant et les Sortilleges e Der Zwerg coa Ópera Nacional de París; Os troianos coa Ópera de Berlín; ou A Village Romeo and Juliet coa Ópera de Frankfurt. Ademais dos seus concertos coa West Australian Symphony Orchestra e a Real Filharmonía de Galicia, dirixirá a Filharmónica da BBC, a Orquestra Nacional de Burdeos, Royal Philharmonic, a Sinfónica de Hamburgo, Orquestra da Radio de Múnic, Tapiola Sinfonietta, Australian National Academy of Music, National Youth Orchestra e participará no Festival de Bregenz (Austria).

 

Entre as súas numerosas grabacións destaca o éxito alcanzado polo CD coa Sinfonía núm. 3 de Elgar e o DVD da grabación de Lulu na Monnaie coa soprano Barbara Hannigan. Coa Orquestra Nacional de Burdeos grabou obras de Wagner, Mahler e Tchaikovsky. En 1998 recibiu un Premio Olivier pola súa dedicación á ópera e nos New Year’s Honours de 2000 foi condecorado coa Cruz do Imperio Británico.