Oxana Bakulina

Viola

Naceu en Moscú, comezou a súa formación no Colexio Estatal de Música Gnesin, logo continuou no Conservatorio Estatal Chaikovski de Moscú, co catedrático A.V. Bobrovski, graduándose coas mais altas cualificacións. Traballou nas orquestras Sinfónica de Radio e Television baixo a dirección de A.Mijailov, Sinfónica de Moscú con A. Almeida como director e aSinfónica Nacional de Rusia con M. Pletnev. Ademais, participou cun cuarteto de corda no primeiro concurso internacional D.D. Shostakovitch en San-Petersburgo. Desde outubro de 1996 é membro da Real Filharmonía de Galicia en Santiago de Compostela e, nos últimos anos, participou en diferentes proxectos de música de cámara organizados por Auditorio de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela ofrecendo concertos en distintas cidades galegas.