Natalia Madison

Viola

Naceu en Ekaterinburg. Graduouse na Escola Especial de Música e, en 1993, obtivo o título superior con honores no Conservatorio Estatal dos Urales en Ekaterinburg. Desde 1990 ata 1995 traballou na Orquestra Filharmónica dos Urales, na sección de violas. No ano 1994 foi membro da Moza Orquestra Gustav Mahler baixo a dirección de Claudio Abbado. Desde 1995 ata 1996 formou parte da Orquestra de Moscú, baixo a dirección de R. Freisitzer, como coprincipal da sección de violas, e entre 1996 e 1998 foi integrante da Orquestra de Cámara de Moscú Kremlin, dirixida por M. Rajlevsky. Desde 1998 ata 1999 traballou na Orquestra Sinfónica de Galicia e, desde 1999 e ata a actualidade, é coprincipal da sección de violas da Real Filharmonía de Galicia.