Millán Abeledo

Violonchelo

Nacido na localidade pontevedresa de Silleda, comeza os seus estudos de violonchelo coas profesoras Tatiana Cucerenco e Vera Kolar no Conservatorio de Lalín. Continúa a súa formación superior no Conservatorio Superior de Música de Aragón con A. L. Quintana e B. Switalska, galardoado con Matrícula de Honra no seu recital final de carreira. En 2011 pasa a formar parte dea cátedra de Violonchelo da Escola Superior de Música Raíña Sofía, baixo as directrices de Natalia Shakhovskaya, recibindo as máis altas cualificacións. Desde 2013 continúa a súa especialización na clase do profesor Troels Svane na Musikhochschule Lübeck (Alemaña). Recibiu leccións maxistrais de mestres como A. Polo, A. Noras, X. Gagnepain, F. Rados, G. Pichler, H. Müller, H. Schiff ou F. Helmerson, entre outros.

 

En 2001 recibe o primeiro premio do Concurso Nacional de Violonchelo, organizado pola Asociación de Violonchelistas de España. En agosto de 2011 recibe o premio ao mellor Becario “Andrés Segovia-José Miguel Ruíz Morales” en Música en Compostela. En xuño deste ano obtén o primeiro premio do Concurso Internacional Santa Cecilia en Oporto, incluíndo unha xira de concertos por Portugal e Francia, ademais da gravación dun CD para KNS Classical.

 

Foi o primeiro chelo da Camerata Aragón, membro da JONDE desde 2010, membro reserva da Jugendorchester Gustav Mahler. En marzo de 2013 participa como preparador da sección de chelos da Orquesta Juvenil Manuel María Gutiérrez de Costa Rica.

 

Colaborou con  formacións como a ONE (Orquesta Nacional de España), OSG (Orquestra Sinfónica de Galicia), Orquesta de Cadaqués, Orquesta de Cámara Raíña Sofía; actuando en salas como Berliner Philarmonie, Kozerthaus Berlin, Concert Hall Bahrein, Auditorio Nacional de Madrid, Pazo da Ópera de A Coruña ou no Teatro Real de Madrid.  

 

Dentro da  Música de Cámara e Cuarteto de corda recibiu ensinanzas do Cuarteto Quiroga, K. Moretti, H. Armas, Marta Gulyas ou Heime Müller (Artemis Quartet). Participou en proxectos artísticos e didácticos xunto co violinista Ara Malikian; no Festival de Música de Cámara Musethica 2013 (Zaragoza); "Live Music Now Fundation" (Alemaña),  compartindo escenario con artistas como Gérard Poulet, Zvi Plesser ou Avri Levitan.