Luis Soto

Frauta

Nace en Ponteareas, Galicia, e comeza a tocar unha flauta feita polo seu pai cun tubo de plástico con tan só 8 anos. Na súa formación interveu mestres da talla de Antonio Arias en Madrid, Pierre Dumail e Hubert de Villele en París e J.C.Gerard e Aurele Nicolet en Alemaña. Gañou o primeiro premio do concurso Pierre Nerini e o segundo premio no Lucien Wumser, en París. Ofreceu centos de concertos en todo o mundo así como gravacións para radio, televisión e cds e impartíu cursos de formación e perfeccionamento a mozos de todas as idades. Xunto co guitarrista Carles Trepat grava a integral de Joaquín Rodrigo para o selo EMI Clasic e, xunto a Diego García (piano) impulsa o proxecto Galicia XXI no que interpretan o repertorio galego para ambos instrumentos. Ademais, é membro fundador do TAC: Taller Atlántico Contemporáneo, ensemble de referencia da música contemporánea en Galicia.