Laurent Blaiteau

Frauta

Naceu na cidade francesa de Angers en 1971. Estudou con Jean-Claude Gérard no Conservatorio Superior de Música de Stuttgart e máis adiante con Maxence Larrieu no Conservatorio Superior de Música de Xenebra. Completou a súa formación con Alain Marion, Auréle Nicolet, Patrick Gallois, entre outros. Actuou con orquestras como a Filharmónica de Montecarlo, Stuttgart Kammerorchester, Schleswig-Holstein Music Festival Orchester, Bachcollegium… Participou en concertos de música de cámara xunto a recoñecidos profesionais como Radovan Vlatkovic, Sergio Azzolini, Jean-Claude Gérard, Ulf Rodenhauser ou Ingo Goritziki. Así mesmo, actuou como solista baixo as batutas de Jesús López Cobos, Helmuth Rilling, Frans Brüggen, Álvaro Albiach, Maximino Zumalave e Antoni Ros Marbà, entre outros. Dende a súa creación é o frauta principal da Real Filharmonía de Galicia e profesor na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia.