Kiyoko Ohashi

Violín

Naceu en Toquio (Xapón). Comezou a tocar o violín aos 5 anos. Estudou no instituto e na universidade de música Toho Gakuen de Toquio. Alí traballou como profesora asistente de clase de música de cámara e foi un dos membros fundadores do grupo de música contemporánea "Manufacture". Despois trasladouse a Francia para continuar os seus estudos no Conservatorio Nacional Superior de Música de Lyon.  Estudou cos profesores de violín Peter Csaba, Toshiya Eto, Akiko Tatsumi, e música de cámara con Koichiro Harada (cuarteto de Toquio), Henriette Puig-Roget, etcétera. Incorporouse á Real Filharmonía de Galicia en 1999 e tamén é membro do Cuarteto Egeria.