Juan Carlos Otero

Fagot

Realizou estudos no Conservatorio Manuel de Falla de Bos Aires e no Konsevatorium Winterthur de Suiza. Actuou nas orquestras do Teatro Arxentino da Prata, Junge Schweizer Filharmonie e Sinfónica de Zúrich. Obtivo experiencia como concertista na Stadt Orchester Winterthur e a Tonhalle Zúrich. É fagot principal da Real Filharmonía de Galicia.