José Vicente Faus

Timbal

Naceu en Manises (Valencia) en 1972. Estudou no Conservatorio Superior de Música de Valencia cos profesores Jesús Salvador, Manuel Tomás, Juanjo Cerveró e Carlos Carli. A continuación estudou no Conservatorio Superior de Música de Zaragoza con Manel Ramada. Posteriormente realizou « Meisterkurs fur pauken und schlagzeug » con Rainer Seegers, Peter Sadlo, David Searcy e Edgar Guggeis en Berlín. Ademais, ampliou estudos cos profesores Miguel A. Bernat, Robert Van Sice, Enmanuel Sejourne, Josep Vicent, Gabriel Bouché, Jans Pustjens, Nick Woud. Foi profesor do Conservatorio de Música da Rioxa e do Conservatorio de Música de Calahorra. Integrou o grupo de percusión Per-secusión Ensemble (Zaragoza) e foi membro do dúo para saxofón e percusión Colloqui, co que obtivo o diploma honorífico no Torneo Internazionale di Música e participou en estreas e concertos no Festival de Música Contemporánea de Vitoria. Actuou con la Orquesta Grupo de Cámara Enigma (Zaragoza), Orquesta Ciudad de Granada, Orquesta Ciudad de Oviedo  e colabora asiduamente coa Orquesta Sinfónica del Principado de Asturias,  Orquesta Sinfónica de Castilla y León y la Orquesta de Cadaqués bajo la dirección de Jaime Martín y Gianandrea Noseda.

 

É membro do Taller Atlántico Contemporáneo (TAC), dirixido por Diego García, que obtivo no 2013 os premios de « Crítica Musical Galega »  e « Música Contemporánea Galega ».

 

Na actualidade é timbal da Real Filharmonía de Galicia. Con ela actuou baixo a batuta de directores como Helmuth Rilling, Christopher Hoogwood, Frans Brüggen, Paul McCresh, Robert King, Andras Ligeti, Alexander Anisimov, Maximino Zumalave, Antoni Ros Marbà, Christoph König, Jonathan Webb, Paul Daniel e un longo etcétera. É tamén profesor na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia.