Jonathan Webb

Principal director invitado

Jonathan Webb é, dende a temporada 2016/2017, o principal director invitado da RFG.

 

Estudou piano, violín, canto coral e dirección de orquestra en Manchester, onde debutou no Teatro da Ópera con West Side Story. Chamado por Gary Bertini ao Teatro da Ópera de Tel Aviv como director estable, ten dirixido numerosas novas producións como Der Freischütz, Tosca, Madama Butterfly, Macbeth, Samson et Dalila, La Juive, Faust, Cenerentola, L’Italiana in Algeri, L’elisir d’amore, Lucia di Lammermoor, Jenufa ou La zorrita astuta. É convidado en numerosos teatros en toda Europa e colabora habitualmente cos máis importantes teatros italianos, recentemente o Maggio Musicale Fiorentino, o Teatro Comunale di Bologna, ou a Sagra Musicale Umbra en Perugia. Director invitado do Teatro Sao Carlos de Lisboa, onde ten dirixido Eine Florentinische Tragödie, The Miserly Night, Il Barbiere di Siviglia, La Navarraise, Cavelleria Rusticana; en Sevilla The Rape of Lucretia; en Marsella The Saint of Bleeker Street; en Niza L’Histoire du Soldat; en Dublín Le Nozze di Figaro, Falstaff; ou en Tenerife The Turn of the Screw.

 

Ten dirixido na Deutsche Oper de Berlín: Aufstieg und Fall der Stadt Mahagonny, La forza del destino, Carmen; na Volksoper de Viena: Don Pasquale, Der Zigeunerbaron, Die Zauberflöte; ou en Colonia La Traviata. Convidado por Valery Gergiev, ten dirixido Lady Macbeth def Mtsensk nunha coprodución entre a Kirov Opera e a New Israeli Opera.

 

Dirixiu numerosas óperas de Britten: The Rape of Lucretia no Maggio Musicale Fiorentino; The turn of the Screw no Comunale de Bolonia e no Petruzzelli de Bari; The Rape of Lucretia, Peter Grimes e Billy Bud no Carlo Felice de Genova; A Midsummer Night’s Dream en Bari, Pisa, Livorno e Lucca, Curlew River (Sagra Musicale Umbra). No San Carlo de Nápoles Elegy for Young Lovers de Henze e Così fan tutte de Mozart; na Fenice Tancredi e Elegy for Young Lovers; no Massimo de Palermo Orfeo de Gluck; en Verona Le nozze di Figaro, Don Giovanni, Così fan tutte; en Trento Die Entführung aus dem Serail; en Ferrara e Modena The Death of Klinghoffer de Adams; en Livorno e Modena Cavalleria Rusticana e Pagliacci. Tamén se ten prodigado moito en Ravenna, Reggio Emilia e nos Teatri della Toscana (Traviata, Falstaff, Acis and Galatea). E ten colaborado con importantes directores de escena como Daniele Abbado, Götz Friedrich, Hugo de Ana, Robert Carsen, Graham Vick, Pier Luigi Pizzi, Denis Krief, David Pountney, David Alden, Chiara Muti, Andrea De Rosa.

 

Dirixiu a Orchestra de Santa Cecilia a Roma con The Kings Singers, a Camerata Strumentale di Prato, a Orchestra del Maggio Musicale Fiorentino en Florencia con ocasión do 70 aniversario de Henze. Tamén ten sido convidado en varias ocasións pola Orquestra Sinfónica de Galicia e Real Filharmonía de Galicia. En Israel dirixiu a Jerusalem Symphony Orchestra, Israel Sinfonietta, Israel Chamber Orchestra. Ten colaborado con numerosos solistas como Shlomo Mintz, Vadim Repin, Fazil Say, Arabella Steinbacher, Louis Lortie, Alexander Toradze e un longo etcétera.

 

Ten sido convidado por numerosos festivais como Caesarea, A Coruña, Wexford, Caracalla, Settembre Musica con l’Orchestra della RAI di Torino e il Liturgica Festival de Jerusalem. Foi convidado por Seiji Ozawa ao Saito Kinen Festival en Xapón e ten dirixgido a orquestra e ensembles do festival en xira por Xapón e China. Gústalle trabajar con xoves e ten dirixido a Orchestra Giovanile Italiana di Fiesole, a Young Israel Philharmonic Orchestra, Orchestra e Coro Giovanile di Santa Cecilia con Oedipus in Kolonus (con motivo da celebración de «Colosseo 2000» coa execución dun concerto no Coliseo de Roma por primeira vez en 1.500 anos). Recibiu o «Premio Internazionale Ultimo 900 Pisa 2000 Nel Mondo» en novembro de 2004. Dende setembro de 2014 é director musical da Camerata Strumentale «Città di Prato», orquestra coa que colabora regularmente dende 2002.