Javier Simó

Trompeta

Realiza os seus estudos no Conservatorio “Joaquín Rodrigo” de Valencia con Leopoldo Vidal, obtendo o Premio Extraordinario de Fin de Carreira. Prosegue a súa formación na Academia de Trompeta de Bremen (Alemaña) con Bo Nilsson, Pierre Thibaud e Thomas Stevens; e en Malmö (Suecia) con Hakan Hardenberger. Foi trompeta solista da Philarmonie des Schleswig-Holstein Musik Festival ata a súa incorporación á Real Filharmonía de Galicia en 1996, da que é o seu trompeta principal.

 

Colaborou, entre outras, coa Orquesta del Palau de les Arts de Valencia baixo a dirección de Lorin Maazel. Tamén colaborou como primeiro trompeta co Bach Collegium de Stuttgart invitado por Helmuth Rilling. No eido da música de cámara ten actuado co Ensemble de Música Contemporánea do CGAC e con Galicia Brass. Ofreceu recitais cos organistas Marisol Mendive e Bruno Forst e con Loreto Aramendi.

 

Profesor en excedencia do Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela, na actualidade é docente na Escola de Altos Estudos Musicais dende a súa creación en 1998. Foi profesor no Centro Superior de Música del País Vasco “Musikene”.