James Dahlgren

Concertino

Concertino Honorario da Orquestra Sinfónica de Oporto, violín primeiro e profesor na Sun Valley Summer Symphony estudou con Zaven Melikian no Conservatorio de San Francisco. Logo de traballar durante cinco anos coa Orquestra da Ópera de San Francisco, aceptou o posto de concertino na Orquestra Metropolitana de Lisboa e máis tarde o de concertino asociado na Orquesta Ciudad de Granada. Tras chegar a Europa, traballou tamén como concertino invitado da London Philharmonic Orchestra, Royal Liverpool Philharmonic Orchestra, Ulster Orchestra e a New Zealand Symphony Orchestra, entre outras. Foi premiado no concurso internacional María Canals en Barcelona. É profesor de violín e da clase de posgrao de Preparación para Audicións na Escola de Altos Estudos Musicais, en Santiago de Compostela, e ocupa o posto de concertino da Real Filharmonía de Galicia dende o ano 2005. Mantén unha axenda moi activa, actuando como solista e en formacións de música de cámara.