Irina Gruia

Violín

Nace en Rumania, empeza a tocar o violín con tan só 5 anos e aos 10 xa gaña un premio: o primeiro dunha nutrida lista, tanto a nivel nacional como internacional. A súa formación continúa no Conservatorio Superior nos Estados Unidos ata que, en 2002, se gradúa na especialidade de violín polo Conservatorio Hartt onde estuda con Philip Setzer e Eugene Drucker, os dous violinistas do famoso cuarteto americano de corda, Emerson String Quartet. En 2003 aproba a oposición para a Real Filharmonía de Galicia e trasládase a Santiago de Compostela, onde desenvolve unha intensa vida musical: ademais das súas actuacións coa RFG, forma parte varios grupos de cámara como Expresion String Trio e tamén colabora coa Filharmónica de Málaga. É profesora particular de violín, solfeo e historia da música.