Iriana Fernández

Viola

Iriana nace en León en 1984. Comeza a tocar a viola á idade de oito anos no Conservatorio Profesional de Música de León. Rematadas as ensinanzas medias, inicia en Oviedo o Grao Superior de viola baixo a tutela de Luís M. Muñíz e Igor Suliga. Nesta etapa participa como membro da Joven Orquesta Nacional de España (JONDE), a orquestra Oviedo Filarmonía e a orquestra de cámara da Fundación Príncipe Felipe de Oviedo, entre outras.

 

En 2008 trasládase a Alemaña para cursar un Máster Profesional Performance na Folkwang Universität der Künste en Essen, co profesor de viola Emile Cantor e o profesor de música de cámara Andreas Reiner. Dos estudos de música de cámara nace o quinteto de corda con piano “César Ensemble”, co que participa en numerosos festivais tanto en España como Alemaña. Con posterioridade cursa un Máster de Especialización Orquestral co profesor Jürgen Kussmaul na Robert Schumann Hochschule de Düsseldorf.

 

Participa como viola convidada das orquestras de Essen, Dortmund, Duisburg, Osnabrück, Münster, Hagen, Flensburg ou Koblenz; á vez que desenvolve o seu labor profesional coa orquestra Bochumer Symphonker (Bochum).

 

Desde abril de 2016 é membro da Real Filharmonía de Galicia como viola tutti.