Ionela Ciobotaru

Viola

Nace en Râmnicu Vâlcea, Rumanía. Gradúase en viola na Universidade de Música de Bucarest e é becaria na Scuola dei Alto Perfezionamiento Musicale de Saluzzo en Italia, onde completa a súa formación co profesor Alfonso Ghedin da Academia Nazionale di Santa Cecilia en Roma. Foi membro da Fiori Rari Orchesta de Suiza e da Filharmónica George Enescu de Bucarest. Traballou en Xapón con formacións camerísticas e en Brasil coa Orquestra Estatal de Sao Paulo.

Dende 2001 é viola da Real Filharmonía de Galicia e membro activo do Taller Atlántico Contemporáneo.