Ilya Fischer

Violín

Nace en Rusia e termina os seus estudos (superior e posgrao) no M. Glinka Estatal Conservatorio mde Nizhny Novgorod, en 1995. En 1992, entrou no persoal da Orquestra Sinfónica da Filharmonía de Nizhny Nóvgorod. Despois traballou como concertino na Orquestra de Cámara Municipal de Nizhny Nóvgorod e como profesor de violín e cuarteto de corda do mesmo conservatorio. Actualmente é membro de Real Filharmonía de Galicia e profesor de violín do CEMU Profesional Contrapunto Histórico de Santiago de Compostela.