Ildikó Oltai

Violín

Naceu en Budapest e realizou os seus estudos superiores na Academia de Música Ferenc Liszt da súa cidade natal. Graduouse no ano 1995 como profesora de Teoría da Música e directora de Coro e, no ano 1996, obtivo o Título Superior de Violinista e Profesora de Violín. Está en posesión de estudos doutros instrumentos secundarios como o piano e viola. Traballou na Orquestra de Cámara de Ferenc Liszt de Budapest como axudante de concertino, no cuarteto de corda Laszló Lajtha, na Orquestra Sinfónica Ferenc Liszt de Budapest como concertino, na Orquestra Sinfónica Ernö Dohnányi como concertista e en distintas ocasións como solista. Coas distintas agrupacións musicais realizou viras por Alemania, Francia, España, Austria, República Checa e Italia. Ademais co cuarteto de corda Laszló Lajtha fixo varias gravacións coa compañía Naxos.