Grigori Nedobora

Violín

Aos once anos deu o seu primeiro concerto como solista e aos catorce interpretou o Concerto de Sibelius coa Orquestra Filharmónica da súa cidade natal, Kharkov, Ucrania. Proseguiu a súa formación con Maya Glezarova no Colexio Musical achego ao Conservatorio Tchaikovski de Moscú e ampliou os seus estudos na Academia Gnesin, onde foi alumno de violín de Vladimir Spivakov e de música de cámara de Valentín Berlinski, do famoso Cuarteto Borodín. Traballou cos Virtuosos de Moscú, baixo a dirección de Vladimir Spivakov, cos que realizou numerosos concertos en máis de vinte países de Europa, América e África. Tamén foi un dos integrantes do conxunto de cámara Solistas Classic e formou o dúo Moz-Art co seu colega Lev Tchistiakov.