Esther Viúdez Calzada

Óboe & Corno Inglés

Nace en Bilbao. Estuda cos profesores Juan Tarín, Michael Winfield, John Anderson e Stefan Schilli. Obtén o Título Superior no Conservatorio de Bilbao. Posteriormente estuda na Royal College of Music (Londres), obtendo os Diplomas BMus e Teacher.

 

Forma parte de diversas agrupacións de música de cámara, entre a que destaca o Ensemble Couperin.

 

Colaborou con varias orquestras (Sinfónica de Galicia, Ciudad de Granada, Sinfónica de Madrid, Sinfónica de Euskadi, Sinfónica del Principado de Asturias e Sinfónica de Bilbao). Así mesmo foi Óboe Co-principal da Orquesta Sinfónica de Navarra.

 

Foi profesora de música de cámara e óboe na EAEM.

 

Na actualidade é Oboe Co-principal da Real Filharmonía de Galicia, desde Marzo do 2000.