Enrique Roca

Violín

Naceu en Valencia e afincouse en Santa Cruz de Tenerife onde comezou os seus estudos musicais. Finalizou os estudos superiores de violín no Conservatorio de Música de Barcelona baixo a dirección de D. Agustín León Ara. Colabora asiduamente con diversas orquestras sinfónicas e de cámara de toda España, como a Orquestra Sinfónica de Barcelona e Nacional de Cataluña, Orquestra Filharmónica de Gran Canaria, Orquestra Sinfónica de Tenerife, Orquestra Sinfónica de Galicia e a Orquestra de Cámara Joaquín Rodrigo. Ocupa o posto de Axuda de Concertino na JONDE. Ofrece recitais de música de cámara por toda España con diferentes formacións e concretamente en Galicia participa en ciclos de música de cámara organizados polo Via Stellae, Auditorio de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela. No ámbito docente foi profesor do Conservatorio Histórico de Santiago de Compostela e durante 6 anos na Escola de Música Play. Actualmente é profesor de violín da Orquestra Universitaria USC de Santiago de Compostela. É integrante do grupo de Tango Luscofusco así como fundador e responsable do Grupo de Cámara Minuetto.