Christina Dominik

Óboe

Nada en Hamburgo, realizou os seus estudos de óboe en Alemania, Chile e Israel. Durante tres anos consecutivos gañou o Concurso Nacional Jugend Musiziert en Alemaña como solista de óboe e música de cámara. Foi membro da Nova Orquestra Nacional de Alemaña, solista da Orquestra de Cámara de Essen, da Filharmonía de Hamburgo, da de Israel, e da Orquestra Sinfónica de Chile. Na actualidade é solista de óboe da Real Filharmonía de Galicia.