Carlos García

Violonchelo

Nacido no seo dunha familia de gran tradición musical, desenvolveu os seus estudos musicais primeiro en Galicia e posteriormente no Real Conservatorio da Haya (Holanda), onde se licenciou en Música na especialidade de Violoncello. Ao longo da súa carreira recibiu bolsas de diferentes institucións: Xunta de Galicia, Fundación Barrié de la Maza, Deputación da Coruña ou a Fundación Caixa Galicia. Dende 2001 é membro da Real Filharmonía de Galicia, coa que ten viaxado a Arxentina, Brasil, Cuba, Francia, Portugal e a diversos puntos da xeografía española. Fundador do cuarteto de violoncellos CHELICIA e do ensemble s21, é tamén socio fundador de SONCELLO (Asociación de Violoncellistas de Galicia) e principal impulsor do Premio USC-Soncello para Xoves Violoncellistas. Desenvolve a súa actividade docente na "Escola de Música Play" en Santiago de Compostela e é convidado con frecuencia a impartir cursos en diferentes puntos de Galicia. É violoncellista de Ars Combinatoria, de Alio Modo  e colabora asiduamente co Coro Cantabile da Coruña. Así mesmo colabora con diferentes grupos de Galicia, España e Portugal. No ámbito da divulgación é colaborador de TEDxGalicia e forma parte do Consello Asesor da Fundación Galicia Sustentable, a través do seu programa de acitividades “Onde hai Música”, entre as que se atopa o Festival de Música de Herbón (Padrón) "As notas do Pemento", do que é un dos seus organizadores. No marco deste Festival nace o grupo Herbens Consort, do que é Director Musical.