Beatriz López

Clarinete

Nada en Jérica, Castellón, obtivo o título superior de clarinete no Conservatorio Superior de Música de Valencia e perfeccionou os seus estudos con José Vicente Herrera e na Universidade Mozarteum deSalzburgo con Alois Brandhofer. Foi membro da Orquestra da Universitat de València entre 1999 e 2002. Co Pamina Trio, do que é fundadora, actuou en España, Austria e Xapón e gañou o primeiro premio en concursos de música de cámara en Vinarós, Barcelona e Turín. Tamén resultou premiada no Concurso Carlo Soliva de Casale Monferrato, Italia. colaborou coas orquestras de Valencia, RTVE, Sinfónica de Galicia e durante 3 anos coa Mozarteum Orchester de Salzburgo. Ademais, foi membro da Orquestra Sinfónica Cidade de Oviedo e, desde 2008, é clarinete solista da Real Filharmonía de Galicia, profesora de clarinete da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia e membro do Airas Ensemble.