Anne Schlossmacher

Viola

Nada en Alemaña, cursa os seus estudos superiores en Frankfurt/ Main, realizando un máster de perfeccionamento en Estados Unidos con profesores coma Roberto Díaz o Josph de Pasquale.

Realiza formación complementaria no ámbito pedagóxico dentro do centro educativo Peabody Prep Conservatory na cidade de Baltimore.

Na actualidade compaxina a sua actividade orquestral como membro da sección de violas da RFG, con colaboracións en diferentes institucións musicais da cidade tales como o proxecto orquestral da Universidade de Santiago de Compostela dende a súa creación, así como colaboracións en actividades formativas para a Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela e a Escola de Música Berenguela.