Anca Smeu

Coprincipal

Cursou os seus estudos de violín no Conservatorio de Música Ciprian Porumbescu de Bucarest. En 1983 gaña o Concurso Citta dei Stressa, en Italia, e o terceiro premio no Concurso Jaroslaw Kocian da República Checa. Traballa na Orquestra Filharmónica de Brasov, Rumanía, e ocupa o posto de concertino na Orquestra A Neuville, Suiza, na Orquestra de Radio Bucarest en Rumanía e na Nova Orquestra de Sofía de Bulgaria. Realizou gravacións e concertos en Rumanía, Italia, Austria, Alemania, Francia e España. En 1995 foi Premio Especial do Concurso de Cuartetos de Cordas Mozart en Salzburg, Austria. Foi profesora de violín da Escola Superior de Música de Brasov, en Rumanía, e profesora de música de cámara no Conservatorio de Música da mesma cidade.