Alfredo Varela

Trompa

Natural de Lalín, estuda na Escola Superior de Música Reina Sofía con Rodolfo Epelde e Radovan Vlatkovic, e continúa a súa fomación en Suíza onde estuda trompa natural e moderna con Raúl Díaz.
Gaña o primeiro premio no “X Concuso Nacional Ciutat de Xátiva” en Valencia.
Tocou na European Union Youth Orchestra, Orchester of the Schlewig-Holstein, West-Eastern-Divan Orchestra, Palau de Les Arts Reina Sofia, Orchestre Philharmonique de Nice, Vespres d´Arnadí, baixo a batuta de Lorin Maazel, Zubin Mehta, Daniel Barenboim, Vladimir Ashkenazy, Paavo Jarvi e Jean Pascal Tortelier, respectivamente.
Traballou como profesor no “CPM Lalín” e na “EAEM de Galicia”.
É trompa principal da Real Filharmonía de Galicia desde 2005, tamén é membro do Taller Atlántico Contemporáneo, do Airas Ensemble, do Filhartrompía Quartet e do European Chamber Players (Viena).