Alfonso Morán

Contrabaixo

Formado en Galicia e Madrid, obtivo en 1995 o diploma ao alumno máis sobresaínte na Cátedra de Contrabaixo da Escola Superior Raíña Sofía baixo a dirección de Ludwig Streicher. Traballa na Real Filharmonía de Galicia desde a súa fundación.

 

Utiliza o violone con grupos como Capela Compostelana e Ars Combinatoria, e aborda repertorio máis moderno co Taller Atlántico Contemporáneo.

 

Paralelamente traballa con Nani García, Roberto Somoza e outros jazzistas, incluíndo proxectos propios e colaboracións con artistas como Steve Brown. Forma parte da Orquestra de Jazz de Galicia.

 

Dentro do folk colaborou con Carlos Núñez, Luar na Lubre, Uxía, etc. Tamén escribiu arranxos para o cantautor César Morán ou para a Televisión de Galicia.

 

Foi profesor da Escola de Altos Estudos Musicais e no Festival Ludwig Streicher.