Ailsa Lewin

Violonchelo

Inicia os sus estudos de violonchelo aos 9 anos na Harrow Schools of Music. Continuou os seus estudos na East Notts Music School, onde se integrou coma solista na mesma orquestra. En 1986 comeza a estudar con Florence Hooton e actuou como solista coa Nottingham Youth Orquesta. En 1988 ingresou na Royal Academy of Music de Londres para continuar a súa formación con D. Simpson, D. Smith e membros do Amadeus Quartet. Foi galardoada cos premios Herbert Walenn e Croft. Foi premiada tamén cunha beca de estudos para estudiar na Escola Internacional de Verán Dartington. En 1989 foi invitada a participar no festival de Montepulciano en Italia. Tamén participou en clases maxistrais de Lynn Harrell. Como solista ten actuado coa Sinfónica Nacional de Ecuador, Sinfónica de Loja, Sinfónica de Cuenca, a Orquestra de Richmond e a Camerata de Nottingham. Tamén fixo recitais en Londres, Cambridge e Nottingham, para Caja Madrid e Centros Culturais en España.