Adriana Winkler

Axuda de concertino

Estudou na Universidade de Música de Bucarest co profesor Stefan Gheorghiu. Entre 1990-1996 tocou na Orquestra Filharmónica "George Enescu" de Bucarest e foi profesora na Universidade de Música da mesma cidade. Durante o período 2007-2011 foi agregada cultural na Embaixada de Romanía en Berlín. Realiza concertos como solista coa Orquestra da Radiodifusión Romanesa e coa Orquestra Nacional de Liban. Toca música de cámara para violín e piano co pianista Cristian Petrescu (Berlín) e co "Amati Ensamble" en Bucarest, Berlín, París e Maastricht. É profesora de violín  na  Escola de Altos Estudos Musicais en Santiago de Compostela e ocupa o posto de axuda de concertino na Real Filharmonía de Galicia dende 1996.