Paul Daniel substitúe a Jessica Cottis nos concertos do 5 e 6 de maio

A directora australiana será baixa por motivos médicos nos concertos do Auditorio de Galicia de Santiago e do Centro Cultural Afundación de Pontevedra

A directora australiana Jessica Cottis será baixa por motivos médicos nos concertos previstos o vindeiro xoves 5 de maio no Auditorio de Galicia de Santiago e no Centro Cultural Afundación de Pontevedra o venres 6 baixo o título ‘Do sur ao norte’ pertencentes á temporada ‘Viaxes’ da Real Filharmonía de Galicia.

Será o mestre Paul Daniel quen substitúa a Cottis neste programa no que viviremos a estrea en España da obra Earth Cry do compositor Peter Sculthorpe e tamén se escoitará a Sinfonía núm. 2 en Re maior, op. 43 de Jean Sibelius.

As entradas para o concerto están á venda a través da web compostelacultura.gal a un prezo de 15€.