Real Filharmonía de Galicia
Dimas Ruiz, director
Abraham Cupeiro, multiinstrumentista

Os sons esquecidos

Os sons esquecidos é unha viaxe no tempo, unha procura das fontes orixinais para fundilas co contemporáneo e crear un discurso novo e sorprendente. Neste proxecto mestúranse instrumentos de épocas pretéritas cunha orquestra moderna, sacándoos do contexto para o que foron concibidos: pódese escoitar o karnyx (instrumento de guerra), evocando o son de sereas, golfiños, o mar…; a corna evoca cantos populares improvisados, a uillean pipe… Son obras orixinais compostas e interpretadas por Abraham Cupeiro.

__

Warner Classics, 2017

Frederic Mompou

Real Filharmonía de Galicia
Antoni Ros Marbà, director
Marisa Martins, mezzosoprano