O grande Beethoven

O Grande Beethoven conta a historia do xenial compositor Ludwing van Beethoven, un auténtico revolucionario da historia da música, que nacía hai 250 anos na cidade alemá de Bönn

Para isto, a Real Filharmonía de Galicia, dirixida polo novo director Jan Wierzba e coa complicidade dos nosos amigos do Serviço Educativo da Casa da Música de Porto, desentrañará algúns pequenos segredos sobre a vida e o (mal?) xenio de Beethoven, amosándonos tamén como funciona o instrumento que hoxe coñecemos como orquestra sinfónica.

Real Filharmonía de Galicia

Jan Wierzba, director

Adriana Winkler, concertino

Sofia Nereida e António Miguel Teixeira - Serviço Educativo da Casa da Música (Porto): interpretación

Sofia Nereida, António Miguel Teixeira e Jan Wierzba: idea e desenvolvemento.

Idades recomendadas: de 6 a 10 anos.
RFG_ Guía Didáctica_ OGrandeBeethoven (1º e 2º Ciclo de Primaria): Serviço Educativo da Casa da Música de Porto

OUTROS RECURSOS

Pangea

Da man do noso benquerido Abraham Cupeiro, propoñémos unha viaxe sonora que percorre os cinco continentes, para descobrir a extraordinaria diversidade cultural a través da música.

Mini Mozart

Mini Mozart é un espectáculo para todas as idades, con linguaxe simple e humor inocente.

Soño de inverno

Presentamos unha guía didáctica para a Sinfonía núm.1, coñecida como “Soño de inverno”, do compositor ruso Piotr Ilich Chaikovski.