A RFG cancela todos os seus concertos ata o 12 de abril

mércores, 25 Marzo, 2020

Ante a situación de estado de alarma, a Real Filharmonía de Galicia cancela todos os seus concertos ata o 12 de abril. No caso de que despois desta data se recupere a normalidade, continuarase cos concertos didácticos e familiar previstos para os días 16, 17 e 18 de abril.