Os concertos didácticos e familiares desta temporada non se celebrarán debido á situación sanitaria

domingo, 3 Xaneiro, 2021

Os dous espectáculos didácticos previstos para esta temporada pola Real Filharmonía de Galicia non poderán celebrarse debido ás extraordinarias restricións provocadas pola actual situación sanitaria. Fiel ao seu compromiso educativo, a RFG realizará gravacións destes dous espectáculos: “Pangea: a paisaxe sonora do noso planeta”, co multiinstrumentista Abraham Cupeiro a finais de xaneiro, e “O grande Beethoven” a principios de febreiro en colaboración co Serviço Educativo da Casa da Música de Porto para conmemorar o 250º aniversario do xenial compositor. A partir destas gravacións vanse crear unha serie de recursos didácticos, que poderán solicitar os centros educativos.

 

Os concertos familiares asociados aos didácticos tampouco se celebrarán, co fin de garantir a seguridade dos rapaces e as súas familias.