As entradas para os concertos da nova temporada, á venda dende o 24 de setembro

xoves, 20 Setembro, 2018

As entradas para os concertos da nova temporada da Real Filharmonía de Galicia ata o mes de decembro, incluído, póñense á venda desde o luns 24 de setembro, a partir das 12:00 horas. Poderán adquirirse a través da páxina web www.compostelacultura.gal, no despacho de billetes do Teatro Principal (de martes a sábado en horario de 18:00 a 21:00 horas) ou no despacho de billetes do Auditorio de Galicia o día de cada concerto desde as 18:00 horas.