
A RFG e o Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela colaboran en diversas iniciativas de carácter musical. Entre estes proxectos destaca a celebración de concertos conxuntos entre músicos da orquestra e xoves alumnos do Conservatorio.
O venres 12 de febreiro ofrecerán un concerto didáctico para estudantes de primaria e secundaria, ás 11:00 horas no Auditorio de Galicia. Interpretarán a Sinfonía nº 5 de Franz Schubert, baixo a batuta do director galego Diego García Rodríguez.