COMUNICADO DE CANCELACIÓN DE CONCERTOS

venres, 13 Marzo, 2020

Co obxectivo de frear o avance do COVID-19, a Real Filharmonía de Galicia DECIDE CANCELAR, como medida preventiva e co fin de preservar a saúde das e dos espectadores, os seguintes concertos programados durante o mes de marzo, á espera de coñecer os acordos ao respecto do Consello de Ministros e da publicación das instrucións da Xunta de Galicia:


- 19 Santiago
- 20 Ourense
- 25 Vigo
- 26 Santiago
- 27 Ferrol

 

Todo isto sen prexuízo das posibles prórrogas que se poidan acordar de aquí en diante polas autoridades sanitarias.

 

ABOADAS/OS DA RFG

Unha vez rematadas as medidas de restrición, procederase a contactar con todas e todos os abonados para proceder aos reembolsos oportunos.

 

PARA A DEVOLUCIÓN DAS ENTRADAS NO AUDITORIO DE GALICIA

Para as entradas mercadas en www.compostelacultura.gal, unha vez comunicada a suspensión, procederase ao reembolso de forma automática, na mesma conta da tarxeta coa que se fixo a operación.


Para as entradas mercadas na billeteira do Teatro Principal, a devolución farase na propia billeteira, unha vez finalizadas as medidas de restrición. Unha vez concluído o período de restrición comunicaranse os días dispostos para a devolución.

 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COMPRENSIÓN