Este concerto, que se ofrece no marco do Ciclo de Piano Ángel Brage, leva por título Peregrinación nos Andes. Proponse unha viaxe musical que se iniciará coa obra Lendas: Un paseo andino da compositora estadounidense Gabriela Lena Frank. A continuación soará a Suite de Pelleas e Melisande de Gabriel Fauré. Por último, os músicos achegarán ao público o Concerto para piano en la menor de Clara Schumann, que interpretará a pianista venezolana Gabriela Montero.
Gañadora do prestixioso Premio Heidelberger Frühling en 2018 e do International Beethoven Award de Bonn en 2019, Gabriela Montero ofrece con frecuencia recitais en salas tan distinguidas como Wigmore Hall de Londres, Kennedy Center de Nova York, Konzerthaus de Viena, Berlin Philharmonie, Opera House de Sidney, Concertgebouw de Ámsterdam, Hong Kong City Hall… Recibiu un Grammy Latino ao “Mellor álbum de música clásica” por Rachmaninov en 2015 e en 2008 foi nomeada ao Grammy polo seu álbum Baroque. En 2012 concedéuselle o Rockefeller Award pola súa contribución ás Artes e en 2008 foi convidada a tocar na investidura presidencial de Barak Obama.
Antes da celebración do concerto do xoves en Santiago, o público asistente terá a oportunidade de manter unha charla previa coa directora Joana Carneiro.