Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) é un centro de educación musical creado en 1997 baixo a competencia da Xunta de Galicia. A súa misión é a formación e perfeccionamiento dos futuros profesionais da música, así como a organización de actividades de divulgación musical.A EAEM está estreitamente vinculada á Real Filharmonía de Galicia, coa que forma un único proxecto. O seu profesorado está formado, prácticamente na súa totalidade, polos principais e coprincipais da RFG, tendo os alumnos da EAEM a oportunidade de beneficiarse da experiencia e a profesionalidade de músicos en activo altamente cualificados. Desde 2011, o Consorcio da cidade de Santiago asume a responsabilidade de xestionar a EAEM, de maneira que orquestra e escola quedan unidas baixo una mesma xestión e dirección. Actualmente, a EAEM imparte o curso de posgrado Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO), recoñecido como título propio pola Universidade de Santiago de Compostela. O eixe vertebrador do curso son as prácticas orquestrales nos programas de abono da RFG e, así, da man dos seus músicos, os alumnos teñen a oportunidade de tocar de xeito conxunto con profesionais, adquirindo as habilidades, capacitacións e experiencias necesarias que lles facilite a integración nunha orquestra profesional. Paralelamente, e nunha segunda liña de actuación, a EAEM na súa Sección de Especialización e Formación Permanente, organiza cursos de especialización instrumental e outros cursos dirixidos ás áreas de composición, música de cámara ou novos intérpretes, entre outros. O proxecto da EAEM desenvólvese na súa sé de Santiago de Compostela, con vocación galega de proxección universal, que ofrece a todos os futuros músicos profesionais un programa formativo de primeira orde, confirmando a importancia e o referente que ten a cidade de Santiago no ámbito cultural.

 

O curso de práctica orquestral está dirixido a todos aqueles estudantes que finalizaran os seus estudos e teñan como meta poder formar parte dunha orquesta profesional. A cada vez máis esixente realidade profesional conleva unha formación de alto nivel, amparada polos solistas da Real Filharmonía de Galicia, na que os alumnos teñan a oportunidade de estar en contacto directo traballando cóbado con cóbado con músicos profesionais adquirindo non só a complexa técnica e a progresiva formación duns criterios musicais propios, senón tamén adquirindo as ferramentas de relación social e de intercambio de ideas entre os propios instrumentistas e los directores dos diferentes programas.

En virtude dun convenio entre a Universidade e o Consorcio de Santiago, a USC recoñece como títulos propios os estudos de posgrao do Programa de Estudos da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia, que conducen á obtención dun Diploma ou Gran Diploma de Especialización Orquestral.

 

Formación permanente

Esta sección ten un carácter máis xeral, destinada a todos aqueles músicos galegos, tanto no ámbito profesional como no afeccionado, interesados na formación musical. Por iso, organízanse cursos cubrindo as especialidades con maior demanda, así como outras con menor incidencia social pero igualmente importantes no desenvolvemento musical de Galicia.